Escoitar

O entorno de Churruca é semipeonil con tráfico restrinxido a residentes e carga e descarga

O alcalde visitou esta mañá o entorno de Churruca onde se humanizaron as rúas Martín Códax, Iglesias Esponda, Irmandiños e o calexón Rogelio Abalde. En declaracións aos medios, eloxiou o resultado das obras e reiterou que se trata dunha rúa semipeonil con tráfico exclusivo para residentes e carga e descarga.

luns, 1 xuñ 2015
1433163561churruca.JPG
Caballero destacou esta mañá que as obras que se realizaron no entorno da rúa Churruca "mudaron unha zona enteira que gañou en habitabilidade". Enfatizou o éxito de non distinguir as beirrrúas e as calzadas o que visualmente "ensancha a rúa" e lembrou que esta zona é semipeonil, con preferencia para o peón e con tráfico restrinxido a residentes e carga e descarga. O alcalde detallou que as obras de humanización incluíron 19 novos puntos de luz, renovación de preto dun quilómetro de conduccións, ademais da instalación de xardineiras.
Descargar todas as imaxes