O goberno de Vigo amplía o horario para solicitar as axudas extraordinarias de vivenda, enerxía e alimentos
Deste este martes, segundo informou o segundo tenente de alcalde, Carlos L. Font, o Concello amplía o horario para presentar as solicitudes ao Programa Municipal de Axudas Extraordinarias para Familias, dotado con 2 millóns de euros. Ata o 9 de xuño, os interesados poderán completar a súa inscripción no Concello desde as 8 ata as 18 horas, ininterrompidamente.