Escoitar

O goberno de Vigo amplía o horario para solicitar as axudas extraordinarias de vivenda, enerxía e alimentos

Deste este martes, segundo informou o segundo tenente de alcalde, Carlos L. Font, o Concello amplía o horario para presentar as solicitudes ao Programa Municipal de Axudas Extraordinarias para Familias, dotado con 2 millóns de euros. Ata o 9 de xuño, os interesados poderán completar a súa inscripción no Concello desde as 8 ata as 18 horas, ininterrompidamente.

martes, 2 xuñ 2015
O segundo tenente de alcalde, Carlos López Font, anunciou este martes a decisión do goberno de Vigo de ampliar o horario de presentación de solicitudes ao Programa Municipal de Axudas Extraordinarias para Familias, un plan de 2 millóns de euros para axudar ás persoas con menos recursos nos seus pagos de vivenda, enerxía e alimentación.

O plazo de presentación de solicitudes, tanto no Concello de Vigo como nas UBAS, está aberto ata o 9 de xuño, e desde hoxe o goberno local amplía os horarios de inscripción, inicialmente na sede da Praza do Rei, onde se atenderá das 8 ata as 18 horas, ininterrompidamente, cando ata onte era de 9 a 13:30h. "En suma, tratamos de facilitar unha maior comodidade á hora de presentar as solicitudes", indicou Font, o que conlevará recoller tamén máis inscripciones, polo que o tenente de alcalde agradece o "esforzo" do persoal municipal dos distintos departamentos implicados.