Caballero salienta a "produtividade" e "competitividade" internacional da factoría Marsan
O alcalde visitou este venres as instalacións de Marsan Transformaciones Superficiales e subliñou a "calidade" e "gran produtividade" da compañía, que compite nos mercados nacional e internacional.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres as instalacións da empresa Marsan Transformaciones Superficiales SL, compañía con algo máis dun centenar de empregados -dos que máis da metade son mulleres, tamén en postos de dirección técnica- e con vendas que se destinan principalmente ás principais multinacionais da automoción.
O rexedor vigués, tras percorrer unha factoría que iniciou a súa función en 1951, valorou que Marsan compite desde a cidade no ámbito nacional e internacional, "con moita calidade" e unha "gran produtividade". A actividade comercial da empresa pasa polos revestimientos superficiais, a transformación metálica e ensamblaxes e loxística.
Descargar todas as imaxes