O Concello acolle un pleno específico para as mulleres en conmemoración do 8 de marzo
O Salón de Plenos acolleu esta mañá unha sesión para as mulleres, representadas por sete colectivos diferentes. Na benvida, o rexedor destacou a "importancia simobólica e real" desta iniciativa.
O Concello de Vigo acolleu esta mañá o Pleno específico do Consello Municipal da Muller, organizado en conmemoración do 8 de marzo. O alcalde déulles á benvida destacando a importancia "simbólica e real" desta iniciativa. A continuación, a concelleira de Igualdade e presidenta do Consello Municipal da Muller, Isaura Abelairas, presidiu unha sesión que levou por lema: Mulleres en Loita, xuntas contra a desigualdade.
Os colectivos que participaron no acto foron os seguintes: Mulheres Nacionalistas Galegas, CCOO; Viúvas Demócratas de Vigo, UXT, Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos, Asociación de mulleres en Igualdade de Vigo e CIG.
Descargar todas as imaxes