Exposición fotográfica sobre a muller galega no século XX
A Casa das Mulleres ( R/Romil 20) amosa unha exposición de fotografía co título "Mulleres Século XX.Luces e Sombras" cedida polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo e que se poderá visitar ata o 27 de marzo. A exposición mostra en imaxes as condicións de vida, traballo e participación da muller galega ao longo dos anos 30 e 80 do século XX.
O traballo e a participación na vida social de campesiñas, obreiras, mestras, costureiras, nais, etc. están representados nesta exposición, que lle dá visibilidade ao esforzo continuado das mulleres galegas. As imaxes acompáñanse de textos de autoras clásicas como Concepción Arenal, e historiadoras como Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García e apóianse nunha pequena escolma de publicacións sobre as mulleres.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 27 de marzo en horario, de luns a venres, de 17.30 a 21.30 horas
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 27 de marzo en horario, de luns a venres, de 17.30 a 21.30 horas