Escoitar

O goberno local adica 20.000 euros a apoiar a deportistas vigueses en modalidade individual

O Concello abre o prazo para participar na convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade individual, que se estenderá entre o 16 e o 31 de marzo. Son 20.000 euros que se repartirán en achegas de 1.000 euros, segundo detallou o rexedor en rolda de prensa.

xoves, 5 mar 2015
O alcalde deu conta esta mañá da apertura da convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade individual. Por segundo ano consecutivo, o Concello adica 20.000 euros a apoiar a vinte deportistas que auguren unha proxección inmediata ou futura para a alta competición. O programa ten por finalidade sufragar parte dos gastos ocasionados durante o período de adestramento, competicións, perfeccionamento ou adquisición de material. O prazo de presentación das solicitudes é desde o 16 ata o 31 de marzo, ambos inclusive, nas oficiñas da Fundación Vide.

A estas axudas, hai que sumar, dixo o rexedor, as que reciben algúns deportistas vigueses para competicións de alto nivel e os apoios aos clubes.