Caballero anuncia que o programa de cross escolar "lanza o atletismo dende a base como acción deportiva e saudable"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto co concelleiro de Deportes, Manel Fernandez, e Leandro Rodríguez como presidente da Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas, presentaron hoxe a serie de probas de cross que permitirán a uns 1.800 alumnos de diversos colexios entrar en competición.
Cunha carreira marcada xa para este domingo no colexio Monterrey (10:00 horas), o rexedor explicou que as competicións disputaranse na contorna dos centros de ensino salvo o cross do Castro San Miguel, que se celebrará no parque de Castrelos e levará máis de 1.000 nenos e nenas.
"Arrincamos agora e chegaremos ao principio do vindeiro curso escolar", dixo Caballero. Así, tralo cross escolar do colexio Monterrey, pola zona de Travesía, haberá outro organizado polo colexio Coutada Beade (12 de abril) e a terceira proba correrá a cargo do colexio Mosteiro Bembrive (19 de abril). No novo curso escolar 2015/2016 terán lugar as competicións do Castro San Miguel (19 de outubro) e Teis Frián (outubro).
O Concello, ademais da infraestrutura, sortea unha bicicleta en cada proba e concede medallas a todos os nenos e nenas. "O importante non é gañar, é participar", indicou o alcalde, que ademais asegurou que con este programa "lanzamos o atletismo vigués dende a base para unha acción deportiva e saudable".
Caballero, que reafirmou que "o deporte é unha parte central da cidade", tamén manifestou o seu desexo de "aumentar o apoio no deporte de base para facer del unha gran bandeira de Vigo, que xa o é pero queremos que o sexa aínda máis", dixo.
Leandro Rodríguez, pola súa banda, agradeceu en nome da asociación "o apoio que nos proporciona o Concello porque sen a súa axuda non se poderían organizar estas carreiras". Rodríguez asistiu xunto con Belarmino Alonso, presidente do Comesaña Sporting Club, e David Morales, Marina González e Marga García, representantes dos colexios El Castro San Miguel, Monterrey e Mosteiro Bembrive.
Descargar todas as imaxes