A pedagoga Antía Cal recibe o III premio de Igualdade Ernestina Otero
Os próximos venres 6 e sábado 7 de febreiro, o Concello porá en marcha os actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Na edición deste ano, a pedagoga Antía Cal será premiada co III premio de Igualdad Ernestina Otero.
O alcalde manfestou hoxe martes a súa "satisfacción e honra" por presentar o programa conmemorativo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Na súa intervención, instou a aproveitar esta celebración para recrear "unha vez máis no imaxinario colectivo a importancia da igualdade, dos dereitos e das mulleres". Baixo o lema Mulleres en loita, xuntas contra a desigualdade, a campaña de actos do Concello tratará de poñer en relieve a importancia deste día para facer efectivo "un proxecto de igualdade, económico, social e político".
Na rolda de prensa, estiveron presentes, ademais da presidenta, Isaura Abelairas, outros seis membros do Consello Municipal da Muller: Concepción Regueiro, Rosa Fontaíña, Elena Rodríguez, Rosa Chantada e Carmen Rodal. Os actos comezarán o venres 6 de marzo ás 10,00 horas cun Pleno específico do Consello Municipal da Muller que se celebrará no Salón de Plenos. Ese mesmo día, ás 20,00 horas farase entrega do III Premio de Igualdade Ernestina Otero, que este ano recaerá na pedagoga Antía Cal, cun acto organizado no Salón de actos do Marco.
O sábado 7 de marzo, a Praza da Constitución acollerá a Festa pola Igualdade a partir das 17,30 horas, cun espazo lúdico con actividades para os máis pequenos. Ás 22,00 h, darase lectura ao manifesto a cargo do Consello Municipal da Muller. Rematará a xornada festiva cun concerto de Uxía.
Descargar todas as imaxes