Escoitar

O goberno local achega subvencións por valor de 322.000 euros a catro clubes de élite

A Xunta de Goberno validou catro proxectos de colaboración con outras tantas entidades deportivas de élite por importe de 322.000 euros. Esta achega é unha parte da partida de 600.000 euros que o Concello adica as categorías máis altas do deporte vigués, unha cantidade á que hai que sumar o preto de medio millón de euros destiñado ao deporte de base.

luns, 2 mar 2015
Catro clubes de élite de Vigo veñen de recibir 322.000 euros en achegas municipais, logo de que a Xunta Local de Goberno aprobara o pasado venres os correspondentes proxectos de colaboración. Concretamente, o Octavio recibiu 154.000 euros, o Sárdoma, 18.000 euros; o Vigo Voleibol, 94.500 euros e o Club Bosco, que recibiu 94.500 euros. Estas aportacións son unha parte dos 600.000 euros que o Concello adica aos deporte nas cateogorías máis altas da cidade. O deporte de base, pola súa banda, recibirá preto de medio millón de euros, unha cantidade que, segundo avanzou o rexedor, "nos plantexamos duplicar".

O alcalde tamén deu conta do inicio das obras da reforma da cuberta do Pavillón de Teis, unha vez aprobado o programa de traballo e o plan de calidade na Xunta de Goberno Local. A obra conta cun orzamento de preto de 160.000 euros.

O goberno local tamén aprobou o proxecto de execución das obras de adecuación na concesión administrativa do antigo restaurante Jonathan, na avenida de Samil.