O Concello ultima a segunda fase da humanización da rúa Coutadas, cun investimento de 250.000 euros
O goberno local prosegue coa reforma da rúa Coutadas, en Teis, despois de ter concluído o tramo entre Sanjurjo Badía e a rotonda, un vial "moi significativo" tanto pola poboación que alí reside como polo "tránsito" dada a proximidade de centros educativos e deportivos. O alcalde, Abel Caballero, subliñou a atención do Concello a Teis e ao rural de Vigo.
O rexedor vigués recordou que o Concello de Vigo xa executara a humanización da rúa Coutadas no seu tramo entre Sanjurjo Badía e a rotonda, punto desde onde comezan os traballos que ultima o goberno local para proseguer coa reforma integral da rúa.
Nesta segunda fase, na que o goberno que preside Caballero inviste 250.000 euros, a humanización presentará novas luminarias, beirarrúas, xardineiras e a renovación das canalizacións de servizos.
O alcalde indicou que esta nova humanización é "moi significativa" tanto polo volume de poboación da zona como polo tránsito de persoas e vehículos que circulan pola rúa Coutadas, próxima a instalacións educativas e deportivas. "Seguimos no proceso de humanización tamén do rural de Vigo", apuntou.
Caballero asegurou que Teis está a ser "obxecto de atención moi notable" por parte da administración local, e recordou as humanizacións realizadas no barrio, a apertura da ETEA baixo o seu mandato, a posta en uso do pavillón e a construción en marcha dun novo campo de fútbol nas antigas instalacións militares, entre outras.