Escoitar

O Concello inicia o procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de República Arxentina para financiar o solo da Cidade da Xustiza

A Xerencia de Urbanismo arrancou hoxe venres o proceso de enaxenación das 40 vivendas municipais de República Arxentina. O rexedor explicou que o Concello adicará 5 millóns á expropiacións para o solo da Cidade da Xustiza, a pesar de ser unha competencia autonómica.

venres, 29 nov 2013
O alcalde deu conta hoxe venres do comezo do proceso para enaxenar as 40 vivendas municipais de República Arxentina polo que se se encomenda á tramitación á Oficiña Municipal de Vivenda e Solo que contará coa colaboración de todos os servizos da Xerencia. Caballero explicou que o Concello asume o compromiso de expropiar terreos por valor de 5 millóns de euros para ceder solo que debería adquirir a Xunta de Galicia co obxectio de construir a Cidade da Xustiza, unha competencia exclusivamente autonómica.

Na mesma sesión da Xerencia de Urbanismo, adxudicouse a obra de execución subsidiaria de demolición do edificio da rúa Falperra, 30 cun importe de 50.000 euros e un prazo de execución de 21 días. Segundo explicou o rexedor, tamén se aprobou provisionalmente unha partida de 191.603 euros para a primeira fase das obras de mellora e accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. Esta primeira parte das escaleiras mecánicas contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros.

Tamén se aprobou o pago de 37.800 euros para a primeira fase das obras de reurbanización das rúa Ferreiros, cun custo de 166.000 euros para a primeira fase entre Praza Diego Santos e Ramón Antonio Álvarez. Os membros da Xerencia tamén deron luz verde á 9 axudas á rehabilitación por importe de 84.400 euros para 3 edfiicios e 8 vivendas, cunha inversión total de 192.000 euros. Por último, dixo o rexedor, deuse conta da concesión de 12 licenzas de obra e 7 de actividade para un investimento total de 689.200 euros.