Bases concurso "Vente cos Reis Magos 2014"
A Concellería de Cultura e Festas convoca un ano máis o concurso "Vente cos Reis Magos", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o domingo 5 de xaneiro.
Neste concurso poderán participar todas as nenas e nenos da cidade que o desexen; a única limitación, por motivos de seguridade, será a idade: só poderán participar aqueles nacidos entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2005, ambos inclusive.
Para participar só será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderán recoller na oficina de Información da Lonxa da Casa do Concello; as inscricións poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real, que se instalarán na citada Lonxa e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.
O prazo de inscrición comezará o día 2 de decembro e rematará ás 20:00 h do 17 de decembro. O sorteo realizarase na Casa do Concello (praza do Rei, 1) o luns 23 de decembro, ás 12:00 h.