Escoitar

O Concello publicou unha ”Guía das Illas Cíes” con itinerarios

venres, 8 nov 2002
imx1965.jpg
Portada
Turismo e Medio Ambiente editaron unha ”Guía das Illas Cíes” que se distribuirá nos puntos de información turística do Concello de Vigo e no Centro de Interpretación das Cíes. Os concelleiros Lílian Álvarez e Amador Fernández e o presidente do Padroado do Parque Natural das Illas Cíes presentaron este manual que conta con itinerarios de interese ecolóxico e natural.

A guía foi publicada en galego, español, francés e inglés cun vocabulario doado tanto para turistas como para afeccionados en practicar sendeirismo. A concelleira de Turismo explicou que os visitantes destacan que o maior atractivo da cidade son as illas Cíes e a ría de Vigo, segundo se desprende das enquisas realizadas.

Felipe Bárcena agradeceulle ao Concello de Vigo que lle brindase un espacio para celebrar as reunións da xunta rectora das illas Cíes mentres está en obras a súa sede. Bárcena explicou tamén que ”faltan por nomear o director e o presidente do novo padroado que gobernarán os destinos do Parque Nacional das Illas Atlánticas”, ademais da localización da sede do parque.
Descargar todas as imaxes