Vigo estará en Londres na Feira Global do Sector Turístico
Turismo de Vigo estará presente na WORLD TRAVEL MARKET, que se celebrará do 11 ó 14 de novembro en Londres. A Concellería de Turismo, expón a oferta turística de Vigo dentro do pavillón de 1.500 m2 de Turespaña.
A World Travel Market -Feira Global do Sector Turístico- é dunha feira de carácter exclusivamente profesional, que conta coa acreditación de ser a de máis importancia do mundo dentro do sector. Este ano a feira celebrarase no Excel, un edificio especialmente deseñado para maximizar o movemento nos desprazamentos dentro da feira. Máis de 5.000 expositores representarán a oferta turística de 183 países.
Na súa convocatoria de 2001, na que tamén estivo presente Turismo de Vigo, a World Travel Market ocupou unha superficie de case 35.000 m2 e contou coa participación de 4.843 expositores, procedentes de 171 países. Así mesmo, foi visitada por máis de 2.500 periodistas, así como 22.000 visitantes profesionais.
A organización espera duplicar a asistencia de visitantes profesionais, respecto o ano pasado.