Programa de lecer como medida de prevención
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e Eduardo García, do Plan Comunitario de Teis, asinaron un convenio de colaboración para realizar un programa dirixido a nenos e nenas desta zona de Vigo.
No convenio proponse a realización de accións de integración social que se enmarcan nas actividades de lecer e tempo libre da programación xeral do Plan Comunitario e actividades de apoio educativo e escolar relacionadas con hábitos de estudio, contando coa colaboración de voluntarios.
A Asociación do Plan Comunitario de Teis xa ten colaborado coa Concellería de Benestar Social en proxectos conxuntos como o Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións. Co convenio asinado continúase na liña de traballo de colaboración e intervención dirixida ós colectivos que dende a Concellería se estima que precisan dunha meirande atención como os máis novos.
O custo do convenio é de 9.015,18 e estará en vigor ata o 31 de decembro de 2003. Para o desenvolvemento do programa cóntase con catro persoas entre profesionais e voluntarios. Neste momento xa se está a traballar neste programa con 21 nenos, estimando que se poderá chegar ata os 30.
A concelleira de Benestar Social subliñou que dende hai varios anos, e coa colaboración de entidades, se está a traballar a prol da prevención e incorporación social dos grupos desfavorecidos desenvolvendo accións no ámbito familiar, da inserción social e laboral.
Descargar todas as imaxes