Escoitar

Deportes, bailes e obradoiros na segunda fin de semana das ‘Noites Vivas’

xoves, 7 nov 2002
imx1960.jpg
Cartel
O venres 8 e o sábado 9 de novembro desenvolverase a segunda fin de semana das Noites Vivas 2002-2003, organizadas pola Concellería de Xuventude.

Deporte, baile, internet e obradoiros de tatuaxes, pintado de camisetas, coiro o masaxe son algunhas das ofertas desta segunda cita do programa, que comenzou o 1 de novembro. Nesta ocasión, as Noites Vivas terán unha programación estable, con actividades durante todo o curso, e será imprescindible mercar un carné de 6 euros para participar nas actividades. Co carné pódese tamén tomar parte en tódolos sorteos que se van facer.

A maioría dos actos desta fin de semana empezarán sobre as 23.00 horas, mais algunha principiará antes, mesmo ás 18.00. O programa con tódalas actividades deste outono-inverno pode recollerse nas sedes actividades.

O venres poderase disfrutar de:
–Centro Xuvenil da Rúa Uruguai: cestería, sala de xogos, sala de internet e selfservice (obradoiros libres).
–Pavillón do Berbés: bailes de salón, curso de masaxe, musculación, squash e king ball (balón xigante).
–Asociación Xuvenil Abertal: futbolín, internet, sala multiusos, PIX e obradoiros de chaveiros, pulseiras, pins, papiroflexia, colares, etc.
–Asociación de Veciños de Beade: cíber, bailes de salón e cine (Amor ciego).
–Espacio Xove do Castro: obradoiro repuxado en coiro, campionato de xogos na rede.
–Club Slot Vigo: scalextric.
–Piscina de Lavodores: acuaróbic.
–Plan Comunitario de Teis: tatuaxes de henna, deseño de camisetas.
–Praza Elíptica: exhibición de baile, bailes latinos, cócteles sen alcohol.

Para o sábado está previsto:
–Centro Xuvenil da Rúa Uruguai: reciclaxe, selfservice (obradoiros libres de cestería, pintado de camisetas, tatuaxes, coiro...), sala de xogos, internet
–Asociación Xuvenil Abertal: obradoiro de pirograbado, pachanga, futbolín, internet, sala multiusos.
–Asociación de Veciños de Lavadores: obradoiro de percusión, obradoiro de exhibición de breakdance, actividade ippon (manga, rol)
–Espacio Xove do Castro: obradoiro repuxado en Coiro, campionato de xogos na rede
–Pavillón de Coia: danzas do mundo, xogos de rol (magic), baloncesto mixto, pachanga.
–Asociación de Veciños de Cabral: magosto folk.
Descargar todas as imaxes