Escoitar

Castrillo recibe o director de Amnistía Internacional

venres, 8 nov 2002
imx1968.jpg
Entrevista co alcalde
O alcalde, Lois Castrillo, presentará unha moción no vindeiro pleno ordinario para pedir respecto aos dereitos humanos en Colombia. Castrillo recibiu os representantes de Amnistía Internacional Hernando Valencia e Esteban Beltrán que lle expuxeron a necesidade de facer un chamamento para a protección dos dereitos humanos nese país.

Na moción, Castrillo instaralle ao novo goberno colombiano a tomar accións concretas para alcanzar un acordo humanitario inmediato entre o goberno e os grupos armados co fin de retirar a poboación civil do conflicto.
Descargar todas as imaxes