O Concello inicia as obras de cobertura do patio do colexio Castelao de Coia
Os alumnos do colexio Alfonso Rodriguez Castelao contarán con patio cuberto nun prazo de sete semanas. O tempo, segundo explicou o rexedor, que levará incorporar una estrutura que ampare uns 1.500 metros cadrados.
Abel Caballero deu conta do inmediato inicio dos traballos que permitirán que os alumnos do colexio Alfonso Rodríguez Castelao conten cun patio cuberto. Así o apuntou o rexedor en rolda de prensa ao tempo que criticou á deixadez da Xunta por non acometer esta obra, da súa absoluta competencia.
O alcalde precisou que a estrutura que cubrirá a pista deportiva e a pista de recreo estará rematada en 7 semanas e terá unha extensión duns 1.500 metros cadrados. Cun custo de 170.000 euros, a cuberta será metálica e a solución adoptada será con panel de lana de roca con chapa interior perforada, co obxectivo de atenuar o nivel sonoro.