O Concello edita e distribúe un libro infantil sobre "Xabarín" coa Escola Infantil Monte da Guía
O alcalde mantivo hoxe un encontro con responsables do equipo docente da Escola Infantil Monte da Guía para coñecer "Xabarín 18", un libro que, editado polo Concello, xurde coa idea de divulgar a figura da personaxe infantil que tanto fixo pola normalización da lingua. Tal e como explicou o rexedor, o Concello distribuirá exemplares ás bibliotecas de todos os centros educativos da cidade.
Abel Caballero e o equipo docente da Escola Infantil Monte da Guía presentaron hoxe luns "Xabarín 18, 18 anos dun proxecto normalizador", un libro que nace coa idea de divulgar o que a figura da personaxe fixo pola normalización da nosa lingua e a nosa identidade cultural. O Concello editou este texto que, a continuación será distribuido polas bibliotecas de todos os centros educativos da cidade.
O proxecto, segundo explicaron as coordinadoras do proxecto, Chus Iglesias e Marta Carracedo, levouse a cabo mediante obradoiros, cancións e actividades coas familias, trascendendo o propio ámbito educativo. As promotoras desta iniciativa, déronlle as grazaso ao Concello e todos os profesionais que colaboraron desinteresadamente na súa posta en marcha.
Descargar todas as imaxes