Carme Kruckenberg, protagonista de charla "HISTORIAS VIVIDAS...E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS"
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o martes 22 ás 19.00 horas unha nova charla do Ciclo de "HISTORIAS VIVIDAS...E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS". Nesta ocasión a protagonista será Carme Kruckenberg que será entrevista pola escritora Mercedes Queixa.
Mª Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo, 1926). Poeta, autora de contos e tradutora. Estuda en Vigo no colexio alemán e ao pecharse este pola guerra europea estuda pola súa conta, converténdose nunha autodidacta. Moi nova asiste a cantas tertulias e actividades poéticas tiñan lugar en Vigo. Tras casar con Ezio Pusone vai a Italia e a Bos Aires, onde residirá ata 1953. Alí producirase a separación matrimonial, o nacemento da súa filla e os contactos con importantes intelectuais. De volta en España, residirá en Madrid e asistirá ás reunións do café Gijón. Tamén viaxará a EE.UU., onde coñecerá a Francisco García Lorca, Laura de los Ríos, Salvador de Madariaga, Marina Romero... Ten numerosos premios que recoñecen a súa traxectoria.
Descargar todas as imaxes