O alcalde defende o ensino público e insta ao Goberno central a que retire a proxecto de Lei Orgánica de Calidade da Educación
A construcción dunha sociedade máis xusta, na que se garanta a igualdade de oportunidades e todas as persoas poidan obter unha formación axeitada só é posible co mantemento dun ensino público universal e gratuíto que ademais transmita ás novas xeracións valores como o a paz, o respecto aos demais, a tolerancia e a democracia.
O fortalecemento do ensino público é unha das prioridades do goberno municipal de Vigo. Esta preocupación ten o seu reflexo en iniciativas como o impulso á creación de comedores escolares, o aumento de axudas para libros e comedores, a apertura de escolas públicas infantís ou a renovación de instalacións dos centros de ensino público da cidade.
Como defensor do ensino público cáusame inquietude a tramitación dun proxecto de Lei Orgánica de Calidade da Educación que, lonxe de buscarlle solución aos problemas estructurais da educación pública, potencia os centros privados, recorta competencias da nosa comunidade autónoma e elimina a participación democrática na xestión dos centros.
O proxecto de Lei impulsado polo Ministerio de Educación céntrase en establecer medidas segregadoras do alumnado en función das súas capacidades, fomenta os procesos de privatización do ensino e asume como lóxico o fracaso escolar.
Considero que o sistema educativo non debe limitar as posibilidades dos alumnos. A igualdade de oportunidades conséguese dotando de recursos os centros para que poidan ofrecer un ensino individualizado, con atención á diversidade, con reforzos educativos para previr o fracaso escolar, con servicios complementarios: comedor, transporte, actividades extraescolares. Debe garantirse a xestión democrática dos centros, con órganos de goberno elixidos pola comunidade educativa. O sistema educativo debe respetar a realidade plural do estado español e inserirse na realidade social e cultural de cada comunidade.
Por todas estas razóns dou o meu apoio á Plataforma Galega pola defensa do Ensino Público e con eles insto ao Ministerio de Educación a que retire a “Lei de Calidade” e poña en marcha un diálogo aberto entre todos os sectores implicados no sistema educativo para buscar conxuntamente fórmulas que nos permitan mellorar o ensino público.