Escoitar

O Concello modificará o emprazamento dunha das bocas do aparcadoiro de Urzaiz

luns, 28 out 2002
imx1917.jpg
Sesión plenaria
O Pleno da Corporación municipal decidiu comezar os trámites para modificar o proxecto do aparcadoiro soterrado que se constrúe na rúa Urzaiz. O cambio consistirá no desprazamento dunha das bocas de saída do aparcadoiro, concretamente a situada fronte aos números 26 e 28, no sentido ascendente de Urzaiz.

A razón desta modificación é a de mellorar a seguridade vial na rúa. Co cambio sepárase a boca da parada do autobús urbano, o que facilita a manobrabilidade dos autobuses e a incorporación ao tráfico dos vehículos que saen do garaxe. Asemade, co desprazamento desta boca gañarase en anchura na rúa Urzaiz, xa que a súa situación orixinal está case en paralelo cunha boca de entrada situada en sentido descendente.

Proxecto de Lei modificación da Lei de Facendas Locais

O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade un acordo, relativo o Proxecto de Lei modificación da Lei de Facendas Locais, no que manifesta a absoluta necesidade de que calquera modificación do sistema de tributos locais leve aparellada a necesaria compensación para o próximo ano que permita asegurar a suficiencia de recursos.

Segundo os cálculos do Goberno municipal, a aprobación da reforma presentada polo Goberno central suporíalle ao Concello de Vigo unha reducción de ingresos próxima aos 10 millóns de euros.

Protocolo entre o Concello e a Zona Franca

A corporación municipal decidiu aprobar un protocolo entre o Concello a o Consorcio da Zona Franca para o desenvolvemento urbanístico, socioeconómico e cultural da cidade no marco das previsións do novo PXOM. O protocolo recolle os seguintes ámbitos de colaboración:

-O desenvolvemento dun proxecto urbanístico con equipamentos de lecer nas instalacións da antiga ETEA.
-A rehabilitación e revitalización do ámbito do PEPRI Casco Vello e a colaboración no futuro Plan Especial de Edificios a Conservar.
-A ampliación do polígono industrial de Balaídos
-A ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico e, no seu momento, o desenvolvemento dun novo polígono industrial en Valadares-Matamá.
-A recuperación da área urbana Teis-Guixar.
-O desenvolvemento e planificación de aparcadoiros.
-A ampliación das instalacións do Museo do Mar e os espacios públicos que o rodean.

Por outra banda, o pleno pronunciouse sobre a problemática sufrida por Marta Rodríguez Cicero e o seu fillo referente á retención ilegal deste polo seu pai, Nicolás Endara. A corporación acordou facer un chamamento á cidadanía co obxecto de que rexeite e combata calquera conducta que supoña a utilización dos fillos e cativos como medio de solución de problemas. Tamén acordou o personamento do Concello de Vigo exercendo accións xudiciais de acusación pública nos Xulgados de Vigo contra Nicolás Endara.
Descargar todas as imaxes