Escoitar

Aprobadas as bases de colaboración para o funcionamento do Centro Cívico de Teis

martes, 29 out 2002
imx1919.jpg
Centro Cívico
A Comisión de Goberno aprobou o convenio que establece as bases de colaboración para o funcionamento do Centro Cívico de Teis. O Concello subvencionará con 33.657 euros á asociación de veciños de Teis para que ofreza actividades, servicios e recursos para os habitantes da zona, de maneira que se fomente o asociacionismo e a participación na dinamización cultural do barrio.

As funcións deste convenio serán organizar e realizar actividades e proxectos de carácter sociocultural, xestionar os usos e espacios dos centros de acordo coas normas de réxime interno e tramitar as reservas do uso dos espacios do centro cívico e do centro sociocomunitario.

O centro permanecerá aberto 48 horas semanais, de luns a sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 22:00, excepto os festivos. O centro cívico de Teis conta cun centro municipal de atención ao cidadán, espacio relacional e de encontro, taller de cerámica e cociña, aula de novas tecnoloxías da comunicación, aulas de formación, sala de audiovisuais, salas de estudios e biblioteca, auditorio, salón de exposicións e sala de reunións.

Prórroga do arrendamento do edificio Asefal

O Goberno acordou prorrogar o contrato de arrendamento do edificio Asefal situado no número 36 da rúa Elduayen por 192.905 euros/ano. Anterioremente se viña pagando un alugueiro anual de 204.819 euros.

Neste edificio estará instalado un Centro de internet, as oficinas do proxecto Compás, a sede do Instituto de Estudios Vigueses, un Centro de formación para funcionarios e o Consulado arxentino.
Descargar todas as imaxes