Escoitar

A revista ”Festa da Palabra” dedica un monográfico á prostitución

martes, 29 out 2002
imx1924.jpg
Publicación
A concelleira da Muller, Ana Gandón e a directora da revista ”A festa da Palabra”, María Xosé Queizán, presentaron o último número da publicación editada por Feministas Independentes Galegas e subvencionada pola concellería da Muller.

O número 17 da revista, da que se editan 1.000 exemplares, dedica un monográfico á prostitución e fai un chamamento para que se impida a súa legalización. No apartado de temas varios realizase unha entrevista á alpinista Chus Lago: unha reseña do libro de Cristina Morató ”Mujeres intrépidas y aventureras”, e unha descripción á pintora Helena Vieira da Silva.

Na sección de crítica recóllese un extracto de monográfico escrito por mulleres que recolle o Compendio do Anuario de Estudios Literarios Galegos dos anos 1988,1999, 2001 e 2002. No apartado de creación publícanse traballos realizados por mulleres que participaron no taller literario para narradoras en lingua galega.

A Festa da Palabra é unha publicación cultural que saíu a rúa por primeira vez no ano 1983 realizada por mulleres para potenciar e promover a súa creación literaria.
Descargar todas as imaxes