Escoitar

Melloras no servicio de autobús en Valadares

venres, 29 nov 2002
A partir do luns, día 2 de decembro, ponse en marcha a nova liña Circular 7 coa que se mellorará o servicio de transporte público na parroquia de Valadares. A nova liña unirá Zamáns coa praza de España a través da praza de América e chegará tamén ao cemiterio de Valadares e á Sobreira.

Son varias as melloras que notarán os veciños de Valadares coa implantación desta liña. A primeira é a de que se fixa en media hora a frecuencia de paso do autobús pola parroquia. A outra, que se ofrecerá servicio a zonas que non contaban ata agora con este servicio como o camiño Pinal e o cemiterio de Valadares.

Para calquera información sobre horarios e rotas os usuarios poden chamar ao teléfono 986 291600.