”De luces e batallas, os camiños da paz” centra a terceira edición do festival Are-More
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a programación do festival de música Are-More integrada por 23 concertos cun repertorio que abrangue desde a música medieval ata a máis contemporánea baixo o lema ”De luces e batallas, os camiños da paz”. Vigo estará no mapa do circuíto de música culta de calidade con este festival, que conta cun orzamento de 800.000 euros, explicou o concelleiro.
”Este ano Are-More convértese nun sinal de identidade da puxanza e liderato cultural de Vigo e faise unha cita obrigada no outono cultural de Galicia e o norte de Portugal”, afirmou Príncipe.
”Are-More 2002 garante espectáculos extraordinarios e de máximo compromiso con todo tipo de público: por vez primeira en Vigo un espectáculo operístico para nenos, a estrea e gravación da ópera de Cavalli, homenaxes á poesía española, á solidariedade cos enfermos de sida, á presencia de Larmore, Menese e Víctor Rodríguez”, destacou Roberto Relova, director do festival.
O director da Fundación Caixa Galicia, José Castro, explicou que o festival Are-More é un excelente exemplo de colaboración entre distintas entidades que plantean en común unha decidida aposta de difusión, educación e promoción cultural.
A programación irá do 26 de outubro ao 20 de decembro e os concertos celebraranse no Cine Fraga-Caixa Galicia, na sala de concertos Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, na igrexa-concatedral de Santa María, no Museo de Arte Contemporánea e no Hotel Meliá Mondariz-Balneario.
As entradas para os concertos no Cine Fraga-Caixa Galicia poderán adquirirse a través da venda telefónica e internet. Os días dos concertos e as vésperas poderán comprarse na taquilla do propio cine. Estableceranse sistemas de descontos por abonos (5, 7 e 10 concertos) para menores de 25 e maiores de 65 anos, con prezos especiais para estudiantes.
Os concertos dos outros lugares, que conforman máis da metade da programación, son gratuítos e de entrada libre ata completar a capacidade dos locais.
Ademais, entregaráselle o premio Are-More ao ex-presidente do Goberno Canario e ex-ministro de Educación e Administracións Públicas Jerónimo Saavedra, pola súa fidelidade e lealdade co festival.
A Fundación Caixa Galicia, Xunta de Galicia, Zona Franca, PSA-Peugeot Citroën, Augas de Mondariz, Necso Entrecanales-Cubiertas, Seragua-FCC e El Corte Inglés son os patrocinadores do evento.
Descargar todas as imaxes