A ludoteca da Casa da Xuventude programa actividades relacionadas co cinema
Os nenos da ludoteca da Casa da Xuventude traballarán no mes de outubro en torno ao mundo dos audiovisuais. Ademais das actividades cotiás de empréstito de xogos e libros, animación á lectura ou celebración dos cumpreanos dos socios, fomentaranse este mes os xogos relacionados coas películas actuais.
Recuperaranse tamén os obradoiros coa nova estación outono-inverno e os rapaces aprenderán a utilizar unha cámara de vídeo para gravar películas. Isto servirá para celebrar un festival de curtametraxes, coa correspondente entrega de oscars.
Co ciclo de cine histórico poderanse ver películas de distintos períodos: as caseiras, as de cine mudo, debuxos animados e as creadas por ordenador.
Con cartón, papel e plástico os rapaces construirán un novo xoguete para a ludoteca, un zoótropo, coñecido polos avós e que servirá para facer películas caseiras que logo se poderán ver tamén no festival de cinema.
Outras actividades
Cunha saída á praza da Independencia os rapaces divertiranse celebrando unha voda infantil polo alto e a gusto dos casadeiros. Os nenos poderán casar simbolicamente como eles queiran: con cura, xuíz ou alcalde. Os convidados poderán lucir vestimentas elegantes que buscarán nas súas casas, sen mercar nada para disfrazarse.
Os obradoiros deste mes están dedicados á confección de roupa, calzado e complementos ecolóxicos e á creación de monicreques. Os participantes realizarán os guiñoles dos personaxes do mundo do Rei Artur para xogar e representar as súas aventuras.
Descargar todas as imaxes