Escoitar

Aberto o prazo para participar nun concurso de fotografía patrocinado pola Concellería de Muller

mércores, 16 out 2002
A Concellería de Muller patrocina a sexta edición do concurso de fotografía ”Ollada de muller” organizado pola vocalía da Muller da Asociación de Veciños Val do Fragoso. O xurado, integrado pola fotógrafa Mary Quintero, as pintoras Benjamina de Río e Clara María, e unha representante da Vocalía da Muller, outorgará os premios no transcurso dunha cea que se celebrará o 30 de novembro.

As obras poden entregarse ata o 18 de novembro no local social da asociación (rúa Val Miñor 1-3). As bases establecen que as fotografías serán a cor, cun tamaño de 20x25 cm. e terán tema libre. Admitiranse dúas imaxes por persoa. As obras conformarán unha exposición que permanecerá aberta do 25 ó 30 de novembro.

Os premios establecidos nas bases son 75€ e figura de Sargadelos para o primeiro: 50€ e figura de Sargadelos para o segundo e unha figura de Sargadelos para o terceiro.