Escoitar

Caballero rubrica un convenio para a creación de emprego coa Fundación Luis Tilve

O alcalde de Vigo ven de asinar este xoves un novo acordo dentro do Plan Municipal de Emprego, desta volta coa Fundación Luis Tilve, á que o Concello vigués achegará máis de 36.000 euros co compromiso de creación de dous novos postos de traballo. O goberno local adica case 2,5 millóns a convenios para crear 325 empregos.

xoves, 22 nov 2012
1353586278luistilve.jpg
En rolda de prensa tras a sinatura do convenio, o alcalde explicou que o goberno de Vigo leva xa validados convenios por un valor superior aos 1,9 millóns de euros e o compromiso de creación de 219 postos de traballo. O Plan Municipal de Emprego, dotado con case que 2,5 millóns, prevé a contratación de 325 persoas con cargo aos fondos municipais.

A Fundación Luis Tilve adícase ao estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obrara en poder da Unión Xeral de Traballadores ou que puidera chegar ao mesmo.
Descargar todas as imaxes