Escoitar

O alcalde confía en que o BNG "recapacite" a súa oposición aos orzamentos da Xerencia de Urbanismo<br />

Abel Caballero cualificou de "capital" o papel da Xerencia de Urbanismo na cidade "porque se encarga de defender esta cidade das agresións dos especuladores e do PP que queren continuar cos pelotazos". Así o explicou logo de que o goberno sometera á votación esta mañá, na reunión semanal de Urbanismo, os orzamentos deste organismo para 2013. <br />

venres, 16 nov 2012
O goberno municipal someteu esta mañá á votación na Xerencia de Urbanismos os orzamentos deste organismo autónomo para 2013. Trátase, dixo, dun documento "moi bo, axustado, que controla o gasto e se achega ao equilibrio". Destadou o papel "capital" da Xerencia de Urbanismo na cidade "porque se encarga de defender esta cidade das agresións dos especuladores e do PP que queren continuar cos pelotazos". Isto, proseguiu, deféndse desde a legalidade, o repecto das normas, inspeccións, creando vivenda protexida, aluguer de vivenda, defensa do patrimonio histórico.... Dada esta relevancia, confiou en que o BNG "recapacite" o seu voto en contra.

En referencia ao PP, asegurou que o que persegue é o caos urbanístico, e eludiu a situacións como a ilegalidade na que se atopa o Centro Comercial Gran Vía, ao que o PP lle deu unha licenza que foi tumbada polos tribunais.