Escoitar

Caballero critica a retirada da axuda de teleasistencia para 590 maiores ou dependentes en Vigo<br />

O alcalde de Vigo criticou hoxe venres a decisión do Goberno central de eliminar as as axudas para teleasistencia, rexeitando así unha enmenda da Femp aos orzamentos xerais do Estado. <br />

venres, 16 nov 2012
O alcalde avanzou que o Goberno Central rexeitou a enmenda da Femp aos orzementos xerais do Estado na que se reclamaba o restablecemento da partida para teleasistencia o que significa que no 2013 a Femp non contará cos 28,3 millóns de euros que repartía entre as deputacións para este fin. Esta decisión do Executivo de Rajoy deixa, explicou o rexedor, a 590 vigueses dependientes ou maiores sen un servizo de emerxencia para recibir axuda inmediata.

Durante a súa intervención, instou a Louzán e a Xunta a solicitar ao Goberno central a restablecer esta partida e invitou,a que en todo caso, sexa o presidente da Deputación o que cubra a lagoa do seu compañeiro de partido".