Escoitar

O Concello achega unha subvención de 15.000 euros á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venre que o Goberno local aprobou unha subvención de 15.000 euros para que a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos organice programas de axuda a mulleres en perigo de exclusión.

venres, 26 out 2012
1351251896abelcaballero.jpg
A Xunta Local de Goberno deu luz verde a unha subvención de 15.000 para a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, para programas de axuda a mulleres en perigo de exclusió social. O rexedor resaltou a importancia deste apoio económico porque este colectivo "pervive grazas á colaboración do Concello xa que perdeu os apios do resto das administracións".

Asimesmo, aprobouse o Plan de Seguridade e Saúde, a aceptación do Plan de Xestión de Resíduos e nomeamento da direción facultativa da obra de urbanización de Abeleira Menéndez, que será unha rúa peonil. Cun orzamento de total 312.000 euros, os traballos de urbanización, comezarán de xeito "inmediato".

Xerencia de Urbanismo
Na sesión da Xerencia de Urbansmo desta mañá, tal e como explicou o rexedor, concedéronse 27 licenzas de obra e 8 de actividad, para un investimento superior ao millón de euros. Dentro das autorizacións de actividade, resaltou a do local social con sala multiusos solicitada pola Asociación cultural vecinal "Pedra Moura" en Coruxo. No tocante ás licenzas de obra, autorizouse o reformado para un edificio de 15 vivendas en rúa Mantelas e a construción de 5 vivendas unifamiliares.

Tamén se aprobaron definitivamente axudas á rehabilitación para 11 vivendas, unha en Bouzas e 10 no Casco Vello, por importe de 121.904 euros.
Descargar todas as imaxes