Escoitar

APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA "APR A-5-71 METALÚRXICA"

venres, 26 out 2012
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21 de setembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

PRIMEIRO: De conformidade co informe do enxeñeiro técnico de OOPP da Xerencia Municipal de Urbanismo de 18.07.2012, aprobar inicialmente o «Proxecto de urbanización da APR AOD A-5-71 METALÚRXICA», promovido pola Xunta de Compensación e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos D. Julio Roberes de Cominges, con visado colexial de 15.09.2010, coas súas addendas redactadas polo arquitecto Leopoldo Alonso-Lamberti Casuso con datas novembro de 2011 e xuño de 2012, cun orzamento de execución por contrata de 1.075.196,18 € (IVE 21% engadido, actualizado consonte o disposto no art. 23 do Real decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, BOE n.º 168, de 14.07.2012), cantidade que deberá ser garantida mediante aval bancario antes da aprobación definitiva do proxecto.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante a publicación de anuncios no BOP e nun xornal dos de maior circulación na provincia.

TERCEIRO: Notificar o contido íntegro deste acordo ao interesado e as propietarios dos terreos incluídos no ámbito, e dar conta del aos servizos municipais de Electromecánicos, Montes, Parques e Xardíns, Limpeza, Tráfico e OSPIO e tamén ás empresas "R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.", "Telefónica de España, S.A.", "Gas Natural Fenosa (Gas Natural SDG, S.A.)", e "Aqualia, S.A.".

CUARTO: Notificar expresamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a apertura do trámite de información pública, dándolle traslado de copia das addendas incorporadas ao proxecto de urbanización.

O expediente atópase á disposición do público en xeral no departamento municipal de Información de Urbanismo (situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se estimen pertinentes.