Escoitar

O Concello renovará en 10 anos 7.282 puntos de luz para aforrar 150.000 euros anuais

O alcalde de Vigo anunciou a entrada en vigor da nova ordenanza municipal de iluminación exterior que suporá a sustitución, en dez anos, de 7.282 lámparas de mercurio por luces de vapor de sodio. O investimento será de ao redor de 2 millóns de euros, e o aforro estímase en 150.000 euros anuais.

xoves, 25 out 2012
O rexedor avanzou hoxe xoves a publicación no BOP do proxecto de ordenanza municipal de iluminación exterior, aprobada polo pleno o pasado 24 de setembro, e que obriga a sustituir os puntos de luz contaminantes pos sistemas de maior aforro enerxético. Tal e como explicou, o obxectivo desta actualización é establecer as condicións mínimas que deberán cumprir as instalacións de iluminación pública tanto de promoción privada como as executadas polo Concello. Segundo dixo, "estamos adaptando a normativa aos requerimentos máis esixentes de sistemas non contaminantes e de aforro enerxético".

Abel Caballero detallou a sustitución de 7.280 lámparas de mercurio por luces de vapor de sodio cun investimento de preto de dous millóns de euros o que suporá un aforro anual de 150.000 euros. O primeiro obxectivo, indicou, céntrase no contorno rural, con actuacións de sustitución ou ampliación de puntos de luz en Beade (1.000 farolas), Valadares (751), Lavadores (738), Teis (612), Oia (564), Cabral (522), Castrelos (430), Comesaña (23 farolas nuevas), Alcabre (24), Bouzas (45) e Freixeiro (48).

Seguindo con este proceso de "racionalidade e mellora", no Casco Urbano, sinalou, existen 4.940 puntos de luz clásicos serán reemplazados por lámpadas LED.