Escoitar
6, 13, 20, 27 de novembro. De 18.00h a 21.00h<br /> Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela<br />

Ciclo de conferencias "Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega"<br />

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organiza un ciclo de conferencias que revisará a vangarda histórica galega no contexto histórico nacional e internacional no que xurdiron.

xoves, 25 out 2012
1351162065conferencialaxeiro.jpg
Os martes do mes de novembro os amantes da nosa arte teñen unha cita na facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Alí, baixo a dirección do catedrático de historia da arte, o Doutor José Manuel B. López Vázquez, daranse cita un nutrido grupo de historiadores e expertos en Laxeiro, Colmeiro, Luis Seoane, Rafael Dieste, Carlos Maside, Arturo Souto e demáis, para analizar o contexto histórico no que, alá polo primeiro tercio do século XX, aquel grupo de mozos rebeldes, puxéronse a cambiar a cultura e a arte galegas para poñelas á altura do que acontecía no panorama internacional do momento.

O ciclo de conferencias chámase: Laxeiro e os Renovadores da vangarda histórica galega. Orixe, contexto e transcendencia e nel se poderá escoitar a expertos como a doutora María Antonia Pérez, profesora da Universidade de A Coruña, quen falará sobre Rafael Dieste e o seu labor como teórico dos Renovadores; o doutor José Manuel García Iglesias, profesor titular da Universidade de Santiago, quen fará unha interesante intervención que conectará o gótico coa vangarda histórica galega, o doutor Antonio Garrido, quen falará da figuración na arte internacional de entreguerras; o profesor Carlos López Bernárdez, quen contextualizará o traballo da nosa vangarda histórica no panorama internacional da época, a doutora María Luisa Sobrino que falará de tradición e vangarda na Galicia do primeiro tercio do século XX; o propio director do curso, Xosé Manuel B. López Vázquez, quen construirá un interesante fío de contintuidade entre o Goya das pinturas negras e a nosa vangarda histórica, e o doutor Antón Castro, profesor da Univesidade de Vigo que falará do compoñente antropolóxico da obra de Laxeiro.

O ciclo, está organziado pola Fundación Laxeiro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, que posibilitarán a validación por un crédito de libre configuración.

Con esta iniciativa, dirixida especialmente a estudantes de Historia da Arte, Belas Artes e Humanidades, profesores de Ensino Secundario, periodistas e afeccionados á arte en xeral, a Fundación Laxeiro pretende un achegamento transversal ao mundo arístico dos Renovadores que fixeron posible a entrada da arte galega na contemporaneidade.

Hai prazas limitadas, e o prazo de matrícula expira o 31 de outubro.

Para máis información, contactar coa Fundación Laxeiro en fundacion@laxeiro.es

Descargar todas as imaxes

Máis información