O alcalde reitera a petición da FEMP dun tratamento orzamentario distinto para concellos "ben xestionados"
O alcalde e vicepresidente da Femp, Abel Caballero, avanzou esta mañá que o PSOE e EU avalan as enmendas aos orzamentos xerais do Estado de 2013 e que o voceiro do PP lles "transmitiu boas sensacións". Nunha comparecencia cos medios, o rexedor explicou que a enmenda de que non se apliquen as medidas de restricción orzamentaria a o todos os concellos por igual foi a que concitou maior consenso no apoio.
Abel Caballero explicou hoxe mércores que a enmenda da FEMP aos orzamentos xerais do Estado referente a que as medidas de restricción orzamentaria non se deben aplicar por igual a concellos saneados que ao resto concitou o apoio unánime dos tres grandes forzas políticas do Congreso dos Deputados. Así o explicou esta mañá o rexedor, logo de que onte se reunira en Madrid, xunto co presidente da Femp, cos voceiros do PP, o PSOE e IU.
O rexedor resaltou a boa acollida as enmendas, que concitaron xa o apoio do PSOE e IU e as "boas sensacións do PP". Reiterou a súa satisfacción pola "boa acollida" que tivo a demanda de Vigo sobre a forma coa que hai que tratar a concellos con pouca débeda e ben xestionados, polo que "pedimos un tratamento distinto para o ano 2013".
Descargar todas as imaxes