Escoitar

O Concello achega 146.000 euros para a Fundación Liste, quen tamén xestionará o CAT

A Xunta local de Goberno deu luz verde hoxe martes ao convenio coa Fundación Liste-Museo Etnográfico polo que reciben 146.000 euros do Concello. Segundo explicou o rexedor, este ano, como novidade, os responsables desta institución culutural tamén xestionarán o CAT (Centro de Artesanía Tradicional).

martes, 23 out 2012
1350992776AC.jpg
O alcalde de Vigo anunciou hoxe martes a aprobación do convenio coa Fundación Liste-Museo Etnográfico polo que o Concello lle transfire 146.000 euros polo que a actividade interna comezará esta mesma semana e a apertura ao público podería ser a mediados de novembro. Caballero explicou que a partida do Liste pasou dos 90.000 que recibía outros anos a 146.000 euros porque os responsables da Fundación van xestionar tamén o Centro de Artesanía Tradicional e facer unha programación conxunta.

Trátase, dixo, dun museo etnografico "moi interesante" con 2.000 pezas e once salas de exposición.
Descargar todas as imaxes