Escoitar

175 expertos analizan en Vigo novas fórmulas de eficiencia enerxética para o alumeado público

Organizado polo Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI, as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación terán lugar no Auditorio Municipal os próximos 24 e 25 de outubro. Tal e como explicou o alcalde durante a súa presentación, trátase de contrastar coñecemento técnico co obxectivo de que Vigo sexa a ser unha cidade "intelixentemente eficiente".

luns, 22 out 2012
1350905937energia.jpg
O Auditorio Municipal de Vigo acollerá os próximos 24 e 25 de outubro as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación, que congregarán a 175 preofesionais e expertos. O obxectivo é difundir os coñecementos máis innovadores sobre a eficiencia e aforro no alumeado que permitan ás administracións un uso enerxético máis eficiente.

Tal e como indicou o rexedor na rolda de prensa, Vigo ten que continuar a ser un exemplo de modernidade e estas xornadas servirán para contrastar coñecementos técnicos para que Vigo siga a ser unha cidade "intelixentemente eficiente". Insistiu o alcalde na "necesidade de escoitar á profesión para ver como se pode facer iluminación máis eficiente".

Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, David Regades, resaltou que Vigo é referente de eficiencia enerxética en Galicia e en España pola posta en marcha de medidas que teñen permitido diminuir o 10% o gasto en iluminación en so un ano. Referiuse á elaboración do mapa lumínico, que facilita unha radiografía exacta de todos os puntos de luz da cidade; á unha nova ordenanza sobre instalacións de alumeado público ou á posta en marcha de enerxías alternativas, como 4 aeroxeradores. Na súa opinión, estas iniciativas determinan o compromiso do Concello co aforro enerxético.
Descargar todas as imaxes