Escoitar

O Concello aproba tres convenios máis para crear emprego e deseña un proxecto de inserción laboral xuvenil

O alcalde deu conta dos asuntos abordados na Xunta de Goberno Local deste venres, entre as que atópase a aprobación de tres convenios -con FOANPAS, Autismo Vigo e Caritas- para a creación de emprego, ademáis de solicitar unha subvención europea para un proxecto de inserción laboral de desempregados de entre 16 e 24 anos.

venres, 19 out 2012
1350646385alcalde2.jpg
Abel Caballero explicou que o goberno local acordou dar luz verde a tres novos convenios para a contratación de profesionais, dentro do Plan de Emprego do Concello, que fan un total de 24 acordos validados para empregar a 184 persoas, cun investimento municipal de case 1,7 millóns de euros.

O Concello adica máis de 19.000 euros á Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo para a contratación de 3 profesionais, outros 15.000 euros para empregar a 3 persoas a través de Cáritas e 21.500 euros destinados a Autismo Vigo para dar traballo a 6 persoas máis.

Tamén en materia de emprego, o goberno vigués acordou solicitar á Unión Europa unha subvención para un proxecto de inserción laboral xuvenil, dotado con 210.000 euros. Esta iniciativa, que alongaríase durante 12 meses desde o próximo mes de maio de 2013, enfocarase á participación da xente nova cun análise individualizado de cada caso, orientado a desempregados de Vigo de entre 16 e 24 anos con baixa formación. O Concello de Vigo lidera esta proposta formativa coas unións comarcais dos tres sindicatos e a Asociación de Xóvenes Empresarios como socios.

Abel Caballero recordou que o obxectivo da administración local de creación de emprego, incluíndo os investimentos públicos municipais e os plans de emprego do Concello, é acadar a empregabilidade de 2.227 persoas.

Xerencia de Urbanismo
Ante os medios de comunicación, o alcalde de Vigo tamén deu conta do resultado do Consello municipal da Xerencia, celebrado en sesión ordinaria este venres, onde o Concello concedeu axudas á rehabilitación por 75.400 euros, dos que 7.400 euros van para un piso na rúa alta y os 68.000 restantes para a mellora dun edificio no Berbés. A sesión tamén deu conta da concesión de 23 licienzas de obra e outras 9 de actividade, totalizando un investimento de 825.000 euros.
Descargar todas as imaxes