Escoitar

Caballero eloxia a Vigoferia como un evento "relevante" para o "comercio e a promoción" da cidade

O alcalde presentou este xoves Vigoferia co director xerente do grupo Muéstralo, Javier Díaz Arnau, unha cita que este ano engade o Salón do Turismo e Stockaxe e agarda levar ao IFEVI, entre o 1 e o 4 de novembro, a 25.000 persoas. Cun prezo de 3 euros, esta feira multisectorial suma a música, o humor e o deporte á tradicional oferta de decoración e interiorismo.

xoves, 18 out 2012
1350558999vigoferia.jpg
Abel Caballero felicitou á organización e ofreceu a "cooperación" do Concello a Vigoferia, unha "mostra do carácter empresarial" da cidade convertida nunha cita "relevante no comercio, na promoción e na actividade" da urbe.

Díaz Arnau, pola súa banda, agradeceu o respaldo do goberno local aos eventos que organiza a empresa Muéstralo e explicou que a entidade decidiu incorporar a marca Vigoferia, "de reconocido prestixio", nunha "aposta arriscada" pola cidade enfocada agora a converterse en "punto de encontro" durante catro días.

Con este obxectivo, a mostra multisectorial incorpora á habitual oferta de decoración e interiorismo a feira do stock comercial Stockaxe e o Salón do Turismo, en anos anteriores citas autónomas que en 2012 súmanse á proposta de Vigoferia.

A organización tamén procurou este ano reforzar as opcións de ocio para todas as idades, con actividades de balde -incluídas no prezo da entrada- desde as 11 ás 21 horas. Quenes se acheguen ao recinto feiral atoparán ludotecas infantís, unha pasarela de novos deseñadores a cargo de Jandro Villa (o domingo pola tarde), concertos do Maketón Estrella Galicia (o venres pola tarde), unha mostra de coches de rallies con coñecidos pilotos (que ofrecerán unha charla o 3 de novembro, as 19 horas), e monólogos de Manuel Manquiña dentro do programa Sonrisas Hollenback (o xoves, sábado e domingo ás 18 horas).

Tanto Abel Caballero como Javier Díaz Arnau animaron á cidadanía a acudir a Cotogrande e descubrir no Instituto Feiral de Vigo a nova edición de Vigofeira. O prezo xeral será de 3 euros, gratuíta para menores de 12 anos.
Descargar todas as imaxes