O Concello gaña un recurso xudicial e evita o pago de 430.000 euros á anterior concesionaria da zona azul
O alcalde deu conta hoxe xoves dunha senteza do TSXG que revoca outra decisión xudicial anterior que obrigaba á administración local a pagar 430.000 euros á empresa EYSSA por suposto desequilibrio económico financeiro da concesión. O Superior deu a razón ao Concello no seu recurso e anulou a primeira sentenza, de marzo deste ano.
![1350559057alcalde.jpg 1350559057alcalde.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1350559057alcalde.jpg)
Abel Caballero explicou que esta nova sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revoca outra de marzo que fixaba en 430.000 euros a indemnización a satisfacer á anterior concesionaria. Recordou o alcalde que EYSSA presentara unha reclamación xudicial demandando da administración local unha indemnización superior ao millón de euros.
Pavillóns deportivos
Na mesma comparecencia de prensa, o alcalde recordou que próximamente o goberno local abrirá para uso público os pavillóns deportivos da ETEA e de Candeán, cun investimento municipal de 3,3 millóns de euros entre os dous.
Caballero lamentou ao tempo que a Xunta de Galicia decidira pechar á cidadanía os pavillóns dos colexios de Sárdoma-Moledo e do Manuel Antonio, impedindo á dirección dos centros a renovación dun convenio co Concello para mantelos abertos.
Descargar todas as imaxes