Presentación de proxectos literarios no Centro de Documentación e Recursos Feministas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo desenvolverá esta semana tres actividades no seu local na rúa Joaquín Yañez, 6-2º andar. Así o martes 23 continúase co "Ciclo de charlas sobre a representación feminina en diferentes creacións literarias; o mércores presentarase o libro "Mujeres y educación en la España Contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la residencia de Señoritas de Madrid" e o xoves 25 presentación do libro "Resistencia".
Martes 23, ás 19 horas, continuase co "Ciclo de charlas sobre a representación feminina en diferentes creacións literarias" co tema "Banda deseñada e novela gráfica" a cargo de María Vilar.
María Vilar, debuxante, entintadora e ilustradora. Colaborou na serie infantil "As aventuras de Ga", da revista Golfiño de La voz de Galicia e co fanzine Fuck Comics. Co seudónimo de Violeta é autora das series "Violet", "Sofía" e "La herencia" dentro da revista Comix Kiss Comix. Entinta para a editorial Lerner (EE.UU.) páxinas para unha novela gráfica dirixida a un público xuvenil. Colaborou coa Editorial Supérate nunha serie de ilustracións para o libro Fútbol: escuela para la vida. Recibiu varios premios, entre eles o Premio á mellor debuxante erótica de España no Salón Imaginamálaga.
Imparte clases de cómic na Biblioteca Central de Vigo.
Mércores 24, ás 19 horas, presentación do libro de "Mujeres y educación en la España Contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la residencia de Señoritas de Madrid" a cargo da súa autora Raquel Vázquez Ramil.
Dende a súa propia fundación a finais do século XIX, a "Institución Libre de Enseñanza" foi unha das institucións máis estudadas e analizadas. A súa moderna e progresista reforma pedagóxica segue sendo, ainda hoxe, un elemento clave para entender a historia da educación na época contemporánea. Sen embargo, poucos son os traballos que teñen profundizado, en parte por falta de interese e en
parte por dificultade de acceso ás fontes, na análise do papel esencial desta preclara institución na promoción da educación da muller española dende os seus inicios ata a Guerra Civil.
Este profundo e detallado estudo adéntrase nesta historia, dende a perspectiva de xénero, analizando o trascendental papel que tivo a chamada Residencia de Señoritas, dependente da Residencia de Estudiantes de Madrid. A súa historia, firmada por mulleres que quixeron romper o signo que o seu tempo lles impoñía, debe servirnos hoxe para comprender mellor o futuro devir da nosa educación.
Xoves 25: Presentación do libro "Resistencia", a cargo da súa autora Irene Castelos Cortizas.
IRENE CASTELOS CORTIZAS, nada en Vigo no ano 1994, descubriu a súa paixón pola
lectura a moi pronta idade. Disposta a intentar conseguir un soño, comezou a escribir aos
once anos pequenos relatos e contos.
Por fin, aos trece anos, descubriu unha historia na que poder desenvolver todo o seu poder
creativo, "Pesadillas al anochecer" (2009), a súa primeira obra, que publicou á idade de catorce anos.
Descargar todas as imaxes