Escoitar

O rexedor avanza que a ocupación do vóo Vigo Londres superará os 17.769 pasaxeiros de 2011

A Xunta Local de Goberno aprobou o convenio con Vueling Airlines para subvencionar o vóo Vigo-Londres desde o 27 de marzo ao 25 de outubro de 2012. Tal e como explicou o rexedor, desde o Concello "non imos cancelar este vóo con Heathrow, con conectividad cos aeroportos máis importantes do mundo", a pesar da competencia desleal da Xunta que "financia vóos en Santiago con cartos de Vigo".

venres, 26 out 2012
1351251948vueling.JPG
O rexedor avanzou hoxe venres que a Xunta Local de Goberno aprobou o convenio de colaboración con Vueling Airlines, un acordo "que lle permite a esta cidade manter vivo o vóo Vigo-Londres en privameira e verán". Caballero reiterou a súa crítica á Xunta de Galicia por competencia desleal xa que "financia liñas no areporto de Santiago con cartos de Vigo" e anunciou que desde o Concello "non imos cancelar este vóo con Heathrow, con conectividad cos aeroportos máis importantes do mundo". Lembrou que Vueling operou 7 meses -un máis que o ano pasado- e destacou que este ano superaránse os 17.769 pasaxeiros de 2011, cun nivel de ocupación do 65%, que no mes de agosto ascendeu ao 72%.

Durante a comparecencia cos medios de comunicación, reseñou a importancia de que 18.000 persoas fixeran esta ruta porque significa "que Peinador está en proceso de recuperación". Advertiu de que Heathrow e Francfurt son os aeroportos de conexión máis importantes polo que "o noso apoio coloca a Peinador coas terminais máis destacadas". Insistiu na importancia desta aposta porque, tal como lle reclaman os visitantes de Conxemar, Vigo precisa de máis vóos. O orzamento deste convenio é de 537.750 euros.
Descargar todas as imaxes