Caballero rubrica convenios con cinco entidades por 331.000 euros para crear 47 empregos
No marco do Plan Municipal de Emprego, o alcalde asinou este venres convenios coa Federación de Comercio Vigo Histórico e asociacións de Lavadores, Calvario, Beade e Valadares por valor de 330.800 euros, cos que xeraránse 47 postos de traballo. Ata o momento, o Concello xa aprobou acordos por 1,8 millóns para a creación de 201 empregos.
Abel Caballero asinou este venres os convenios coas cinco entidades, parte do Plan Municipal de Emprego que prevé rubricar un total de 39 acordos para crear 325 postos de traballo, cun investimento do Concello de Vigo de 2.5 millóns de euros.
Segundo detallou o primeiro edil, Vigo Histórico creará 30 postos de traballo cos 200.000 euros que lles achega o Concello de Vigo, un "impulso central" para o mantemento da actividade comercial no centro de Vigo; a Asociación de Veciños de Lavadores sumará 3 empregos cos 28.700 euros municipais; Calvario outros 3 cos 20.000 euros do Concello; tamén Beade abre 3 postos con 22.000 euros; e Valladares creará 8 empregos cunha aportación do goberno local de 60.000 euros.
A Xunta de Goberno Local, tamén celebrada este venres, validou convenios coa Asociación Galega de Emprendedores, con Instalectra e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. A sesión desta mañá deu luz verde á creación doutros 16 postos de traballo cun investimento municipal de 146.000 euros.
Abel Caballero reclamou á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que impulsen en Vigo un proxecto de emprego de similares características pois a "realidade" é que só o Concello de Vigo está "empurrando" en materia laboral.
Descargar todas as imaxes