O Goberno local aproba o convenio que permite abrir a aula da Uned en Vigo
Abel Caballero avanzou que o Convenio para a creación dunha aula da Uned en Vigo foi aprobado esta mañá e "hoxe mesmo sairá para Pontevedra para ser ratificado". O Concello de Vigo, por tanto, ten "todo listo" para a posta en marcha desta dotación, que estará costeada na súa totalidade e en exclusiva con cartos municipais. <br />
A aula da Uned podería abrir as súas portas de xeito inmediato en Vigo, tal e como avanzou esta mañá o rexedor, xa que a Xunta Local de Goberno deu luz verde ao convenio para a creación desta dotación de educación á distancia en Vigo. Tal e como apuntou, o convenio, que "hoxe mesmo sairá para Pontevedra para ser ratificado" , determina que é o Concello de Vigo o que estará costeada na súa totalidade e en exclusiva con cartos municipais. O custo desta aula de acceso á universidade é de 100.000 euros anuais e, segundo explicou o rexedor, a Deputación non contribúe con un só euro aínda que a pesar de que a Uned en Pontevedra recibe de fondos da Deputación e fondos públicos un millón de euros, dos que 350.000 euros son aportados polo organismo provincial.