O rexedor cifra en 6,2 millóns de euros o investimento municipal en plans de emprego
Abel Caballero explicou hoxe xoves que o Concello destiña 6,2 millóns de euros ao desenvolvento de plans de emprego. Unha cantidade que o rexedor contrapuxo cos 176.000 euros que a Xunta de Galicia aporta para políticas activas de emprego en Vigo. <br />
O Concello de Vigo inviste este ano 6,2 millóns de euros en políticas de xeración de emprego, unha cifra que, segundo o rexedor, contrasta cos 176.000 euros que achega a Xunta de Galicia ou con nulas aportacións da Deputación de Pontevedra nesta cidade. Tal e como indicou Caballero, se todas as administracións apostaran polas políticas activas de emprego como o Concello, "teríamos 23 millóns de euros para programas directos, o que suporía centos de postos de traballo máis en Vigo".
Durante unha comparecencia cos medios, detallou e repasou as actuacións en materia de emprego, así como a dotación orzamentaria: personal do servizo de emprego: 845.000 euros; programa Imos traballar 2 (cursos becados): 332.579 euros; programas de inserción laboral Vigo emprega: 1.700.000 euros; convenio control, seguridad e saúde en obras municipais: 45.000 euros; convenios Plan Municipal Emprego:(entidades veciañais, empresariais, comerciais...): 2.750.000 euros; convenio empresa Citroën: 150.000 euros; formación e difusión en novas tecnoloxías: 12.000 euros; información e orientación laboral: 150.000 euros; axudas á contratación: 25.000 euros; a¡xudas municipais á creación de empresas: 50.000 euros; e, por último, Sum Project : 26.000 euros. A estas cantidades, proseguiu, hai que sumar as políticas keynessianas de emprego, cun investimento por riba dos 12 millóns de euros. Durante a súa intervención, tamén fixo referencia á aportacion do Fondo Social Europeo, de 1.407.000 euros, que tamén xestiona o Concello.