Escoitar

O Concello patrocinará o segundo Concurso de Violín Cidade de Vigo que incluirá a modalidade de violonchelo

O Concurso de Violín Cidade de Vigo volverá a contar na súa segunda edición co apoio do Concello de Vigo. Así o anunciou hoxe mércores o rexedor logo de recibir aos organizadores dun certame que este ano, na súa primeira edición, "foi un éxito de participación e calidade moi importante", destacando a presenza de participantes chegados de toda Galicia. Os organizadores pretenden ampliar este certame ao violonchelo e amplialo a tres días co obxectivo, dixo o rexedor, de que "se convirta nun concurso de referencia para xóvenes promesas". A segunda edición celebrarase en setembro de 2012, por expreso desexo dos organizadores.

mércores, 5 set 2012
1346851948violin.JPG
Descargar todas as imaxes