Escoitar

Convocatoria do novo curso 2012-2013

O Concello de Vigo oferta, a través do seu Servizo de Educación, as novas prazas para estudos musicais e teatrais na Escola municipal de Música de Vigo (EMMV), na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD) e na Escola Municipal de Teatro (EMT), correspondentes á programación do vindeiro curso 2012-2013 que comezará o vindeiro 24 de setembro.

martes, 4 set 2012
1346747924nena.jpg
As actividades destas escolas van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música e das artes escénicas, así como á formación non regrada previa aos estudos de carácter profesional.

Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as diversas opcións que a Concellería de Educación propón.

Prazos de preinscricións online para o curso 2012-2013 dende o día 11 de xuño ata o día 7 de setembro de 2012.

A preinscrición presencial, nas oficinas de calquera das Escolas, ábrese do 11 de xuño ao 30 de xullo, e do 1 ao 7 de setembro de 2012.
Descargar todas as imaxes

Máis información