Escoitar

O Concello adica 1,3 millóns ás escolas infantis, nas que subvenciona preto do 90% do custo por alumno

O Concello destina 1,3 millóns a subvencionar as 487 prazas de educación infantil que oferta este curso escolar. Hoxe xoves abriron as súas portas os centros de Santa Cristina, Santa Marta, Atalaia e Costeira-Saiáns, mentres que a da rúa Palencia arrancou onte e as de Bouzas e Tomás Alonso poránse en marcha a partir do 28 de setembro.

xoves, 6 set 2012
1346949539escuela.jpg
Un total de 302 nenos e nenas se incorporaron hoxe xoves as aulas das escolas infantís de Santa Marta, Santa Cristina, Atalaia e Costeira-Saiáns, polo que xa son 343 alumnos os que a día de hoxe acuden a centros financiados desde o Concello, tendo en conta as 41 prazas da escola da rúa Palencia, conveniada co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. O rexedor, que esta mañá visitou as instalacións de Santa Marta, explicou que neste curso, habilitaránse 487 prazas financiadas desde o Concello, unha vez que o próximo 28 de setembro se poñan en marcha os centros de Tomás Alonso e Bouzas.

Caballero cifrou en 1,3 millóns o investimento e destacou que a metade dos alumnos están exentos de pago, xa que os subvenciona en máis dun 90% "o que supón un esforzo municipal importante para que as familias poidan conciliar vida laboral e profesional". Respecto aos prezos das escolas infantís da Xunta, Caballero destacou que as municipais son un 50% máis baratas.
Descargar todas as imaxes